BO CURSO

Queridos nenos e nenas:

Como xa saberedes este ano nin Pablo nin eu vamos a estar en Cabana. Ao final non puido ser pero estou segura que este curso será tan bo como o pasado cos novos mestres e mestras. Espero que traballades e que aprendades moitas cousas novas. Prometo visitarvos pronte. Se queredes contarme algo xa sabedes que este blogue está a vosa disposición.

Foi un gusto ser a vosa mestra.

Un bico para todos os nenos de 5º

Marta

Verbos

Os libros e as súas historias

Este é o poema de Claudia que gañou o concurso do Día do Libro.

Os libros son perfectos,

cas súas historias e os seus defectos

case nunca os teñen

pero para min, son todos perfectos.

Antes decían que os libros

eran aburridos

Eu non lle creía

porque todos somos iguais

pero eles decíanme

que todo era verdade.

 

Acrosport

Có mestro Juan estades a pasalo moi ben. Faces cousas tan chulas coma estas:

As provincias

Máis actividades para practicar coñecemento!

 

 

Día do libro

O 23 de abril celébrase o día do libro. Ese día estaremos de vacacións así que o vamos a celebrar por adiantado.

Dende a biblioteca do cole propoñenos tres actividades.

  • Un concurso de relatos. Podes escribir un conto, un poema ou incluso un cómic. Teñen que estar escritos a man e poden incluir un debuxo.
  • Un concurso de marcapáxinas. Cada neno ou nena deseñará un marcapáxinas. Haberá premios para os mellores.
  • Concurso de frases sobre libros. Tedes que escribir una frase na qeu describades oq eu significan os libros para vos.

As comunidades autónomas

Para que practiquedes!

 

Saída Vimianzo

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para comezar a excursión, fomos ao Castelo de Vimianzo, onde nos contaron historias sobre o ano cando o construiron. Tamén nos ensinaron traxes antigos, cestos, sombreiros e moitas cousas máis. Vimos tamén xoias de vidro feitas a man e a Sabela, unha rapaza de terceiro, ensináronlle a palillar. Había moitísimas cousas!

Despois, fomos aso Batáns de Mosquetín, onde vimos funcionar un muíño. Resulta que é todo grazas a corrente da auga. Tamén funcionan coa corrente da auga os batáns. Son máquinas que facían o que fan agora as lavadoras pero de forma diferete para as mantas de la. Foi impresionante. Había de todo!

Finalmente, fomos as Torres do Allo onde xantamos ao sol e outros a sombra. Alí, aprendemos que se trataba dunha casa onde antigamente vivían os Rioboo que eran ricos e tiñan moitas terras. Pertencían a Cabana de Bergantiños, en Silvaredonda. Había moitas cousas que falaban da antiguedade. Aprendemos moitas cousas como que os labregos para que os Rioboo lles deixasen unha leira eles tiñanlle que pagar en cartos ou en colleitas. Aprendemos moitas cousas antigas!

PRIMAVERA

BENVIDA!!

Dividimos

Un par de actividades para practicar as divisións.

 

Anterior Entradas máis antigas